martes, 26 de mayo de 2009

Fragas do Eume.

















O Eume é o creador da comarca. Da súa vida.
Bravo e arisco, coas súas augas foilles dando forma a fermosas vilas e lugares.
Un río de tradicións máxicas, apto para gozar das actividades da natureza.
O río escavou un estenso val onde se estenden as Fragas do Eume, parque natural e o maior bosque atlántico de Europa. Máis tamén modelou impresionantes serras coma o Forgoselo ou a Loba, refuxio de especies animais e vexetais únicas.
O Eume trouxo tamén auga de cultura. Centro polítitico de Galicia na Idade Media, nas súas ribeiras aparecen, entre as árbores, mosteiros, castelos, pazos e fermosas pontes de pedra de espectacular vista.
A xente que viviu aquí foi elaborando durante todos estes séculos unha rica gastronomía con base nos productos naturais da comarca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario